BENVIDOS AO CURSO 2017-2018

BENVIDOS AO CURSO 2017-2018

Ola a todos!

Falta pouco para iniciar O NOVO CURSO ESCOLAR 2017-2018…. e @s nos@s músic@s favoritos gañan pericia e sensibilidade en cada curso que pasa!!!.

A tod@s @s que xa formades parte da ANPA O BURGO como soci@s neste curso, BENVIDOS e MOITAS GRAZAS!!!.

Aos que aínda non sodes soci@s animarvos a que vos integredes na asociación de nais e pais de alumn@s do Conservatorio de Culleredo, para aportar todas aquelas suxerencias que consideredes de interese para mellorar o día a día no centro, e colaborar no conxunto de accións e actividades que desenvolve a ANPA.

A aportación económica das cotas de inscrición tamén resulta importante para levar a cabo actividades de apoio para @s alumn@s do centro, son só 20€ por familia.

Adxuntamos ficha de inscrición e tamén podedes solicitar copia en conserxería:

FICHA DE INSCRICIÓN 2017-2018

Cantos mais sexamos mellor!!!.

En breve poñeremos en marcha o BANCO DE LIBROS (para préstamo), xa sabedes que os socios tedes preferencia!!! Recibiredes unha mensaxe de correo electrónico coas datas para solicitar os libros do Banco. Se queredes doar os anteriores, deixádeos nunha bolsa en Conserxería.

Animámosvos a trasladar ás familias que ainda non se asociaron os vosos motivos para facelo co fin de que cada ano a asociación teña mais peso. Igualmente concienciarvos de que os anos pasan e os fill@s da actual directiva medran e algún rematou os estudos o curso pasado e outros remátano este curso co que é urxente a renovación da mesma.

Se algún de vos non é socio ou non o recorda que nos escriba a anpaoburgo@gmail.com para que comprobemos os datos.

Gracias a todos e vémonos axiña!!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR