IMOS DE CONCERTO – LARS VOGT DIRIXE DESDE O PIANO

IMOS DE CONCERTO – LARS VOGT DIRIXE DESDE O PIANO

O vindeiro xoves 18 de xaneiro farase desde o Conservatorio de Culleredo unha saída a escoitar un dos concertos máis apetecibles e interesantes do programa de Tempada da Real Filharmonía de Galicia, que se celebrará no Auditorio de Galicia – Santiago de Compostela – ás 20:30 horas. Lars Vogt dirixe desde o piano.

O programa son os concertos de piano de Beethoven nº 2 e nº 3, a Sinfonía Clásica de Prokofiev e o concerto en Re de Stravinsky, interpretados e dirixidos polo propio pianista Lars Vogt. O prezo da entrada é de 6 € pero ca axuda da ANPA e o propio Concello de Culleredo a dita actividade, tanto o bus coma a entrada para o concerto, serán gratuítos para todos os alumnos do Conservatorio de Culleredo, para iso é obrigatorio entregar a autorización da saída antes das 22:00h do mércores 17 de xaneiro. (Límite máximo 40 prazas, que se admitirán por rigorosa orde de inscrición). Os pais que desexen ir no autobús para asistir o concerto se quedasen prazas baleiras, serán benvidos – que falen con alguén da Directiva do conservatorio, neste caso só terían que abonar os 6€ da entrada.

Saída dende o Conservatorio xoves 18 as 18:45h, volta tras o concerto (Estimación de chegada 23:30h).

Coma sempre as autorizacións, debedes deixalas en Conserxería, e estaría ben por previsión non esperar ata o mércores para entregalas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR