FESTA DA MÚSICA GALEGA

FESTA DA MÚSICA GALEGA

CICLO COMPROMISO CO NOSO

FESTA DA MÚSICA GALEGA

Teatro Colón da Coruña, domingo 14 de outubro de 2018 ás 19:00 horas.

Organiza a Irmandade da Música Galega coa participación de: Coral Sporting Club Casino, Coral Follas Novas, Coral El Eco, Coral Cántigas da Terra, Unidad de Música del Cuartel General de la Fuerza Logística Operativa, Deputación da Coruña e Concello da Coruña.

A Irmandade da música galega é un grupo de colectividades e de persoas vencelladas polo seu amor á música galega levan meses traballando na creación da Irmandade da Música Galega.

A Irmandade da Música Galega constitúese como grupo cívico cooperativo que abrangue profesionais da música, investigadores, colaboradores e colectividades que se reúnen co fin de traballar pola posta en valor, preservación, divulgación e dinamización da música patrimonial galega. Para conseguir ese fin a Irmandade da Música Galega ten previsto a realización, entre outras actividades, de actos públicos. O primeiro destes actos é o presente concerto que inclúe obras dos máis importantes compositores galegos históricos e no que participan agrupacións emblemáticas da vida musical galega.

O deste día pode ser, pois, un día histórico de presentación ao público da Irmandade da Música Galega no desexo e esperanza de que a súa creación sirva de axuda para estimular unha etapa de revalorización do noso patrimonio musical.  Tamén co desexo, propósito e esperanza de que o traballo redunde nunha traxectoria futura da Irmandade da Música Galega desenvolvida con forza crecente e aglutinadora de todos aqueles que, conscientes da importancia do noso patrimonio musical, estean dispostos a traballar pola súa difusión, preservación  e posta en valor.

Aquí podedes ver o cartel e o programa do evento:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR