IV CONCURSO DE INTERPRETACIÓN DE BANDAS SONORAS

IV CONCURSO DE INTERPRETACIÓN DE BANDAS SONORAS

ANPA O Burgo do Conservatorio de música de Culleredo en colaboración có Conservatorio organiza o Cuarto concurso de interpretación de Bandas Sonoras.

O obxecto desta nova convocatoria é a interpretación dunha banda sonora de cine, televisión e/ou videoxogo, ben individualmente ou en grupo que deberá ser interpretada en audición didáctica aberta ao público en data a determinar (En Abril, despois de Semana Santa). O concurso está aberto a todos os alumnos e alumnas do Conservatorio, do grao elemental e profesional, e ex-alumnos que non teñan rematado o grao superior, que poderán participar individualmente ou en grupo.

Entre as novidades desta edición é que se permite a utilización de material de video para a escenografía.

Para presentarse ao concurso haberá que inscribirse antes das vacacións de Nadal enviando o xustificante de inscrición/difusión (anexo I ou II das bases) debidamente asinado ao correo electrónico da Anpa (anpaoburgo@gmail.com) e/ou depositalo na caixa do correo da planta baixa, ata o 21 de Decembro de 2018 indicando a modalidade e a obra a desenvolver.

BASES DE IV CONCURSO DE INTERPRETACIÓN DE BSO

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR