NON É TEMPO DE MORAS

NON É TEMPO DE MORAS

Comprácenos presentar o libro “Non é tempo de moras”, por dúas razóns: a primeira é que se trata de algo cultural e iso sempre ten cabida na nosa contorna e a segunda é que o escribiu un ex-alumno de guitarra do noso Conservatorio de Culleredo, Gustavo Iglesias Raíndo.

Gustavo Iglesias Raíndo é natural da parroquia cullerdense de Almeiras, estudou socioloxía ao tempo que acudía ao CMUS de Culleredo. No mesmo ano que se licencia na universidade, comenza a dar os seus primeiros pasos na ensinanza musical, profesión que non abandonou.

“Non é tempo de moras” é a súa primeira incursión literaria. Anteriormente escribiu artígos e críticas de cine na publicación “Inframundo magazine”, da que foi co-fundador, e participou no guión da serie documental “Os camiños do apóstolo”.

Na actualidade é profesor de guitarra e membro do equipo de dirección da Escola Municipal de Música de Arteixo. Así mesmo, forma parte da directiva da Banda de Música Santiago de Arteixo, onde toca (ou polo menos o intenta) o trombón.

Noraboa o moitos éxitos!!!!

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR