FESTIVAL E CONCURSO INTERNACIONAL GALICIA GRAVES 2019

FESTIVAL E CONCURSO INTERNACIONAL GALICIA GRAVES 2019

CULLEREDO celebra este mes unha nova edición do Festival e Concurso Internacional de Contrabaixo Galicia Graves.

O día 29 de marzo terá lugar a fase final do concurso no Auditorio Gustav Mahler do Conservatorio Profesional de Música de Culleredo e nos días 30 e 31 de marzo ofreceranse clases maxistrais a alumn@s vindos de diferentes países. Tamén ofrecerán un recital aberto ao público o 30 de marzo no Auditorio Gustav Mahler do Conservatorio Profesional de Música de Culleredo.

FINALISTAS (por categorías):

Finalistas Premio Novo Talento Galicia Graves 2019:

Marina Martínez, Inés Gonçalves, Víctor Chávez, Mateo López, Blanca Tobar, Lysander Herndl e Diego Rodríguez.

Finalistas Premio de Interpretación Galicia Graves 2019:

Bowen Qian, Joana Vaz, Görkçe Kücüskarslan, Alexander Heather e André Gonçalves.

Os profesores desta edición 2019 son Jason Heath (EEUU), Andrés Martín (Argentina), Edmond Cheng (Hong-Kong), Jonathan Camps (España), Diego Zecharies (Uruguay/ España) e Simón García (España). Nesta ocasión o Compositor en Residencia será John Alexander (Reino Unido), que dedicou a este concurso unha peza para cada unha das dúas categorías que se premiarán, o Premio Novo Talento Galicia Graves 2019 para estudantes ata 14 anos e o Premio de Interpretación Galicia Graves 2019 para estudantes de máis de 14 anos.

Dentro das actividades abertas ao público, además do concerto de profesores (sábado 30 ás 20:00 h) e alumn@s (domingo 31 ás 19:30 h), cabe destacar dúas conferencias que tratarán diferentes aspectos como son a xestión nas redes sociais para músicos ou como afrontar unha audición ou un recital desde o punto de vista mental e físico.

“Network for musicians” a cargo do especialista Jason Heath (30 de marzo).

“Cómo dar lo mejor de ti mismo” a cargo de  Jonathan Camps (31 de marzo).

A entrada é libre ata completar aforamento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR