PETUR EIRIKSSON, IN MEMORIAN

PETUR EIRIKSSON, IN MEMORIAN

Os integrantes do coro da Anpa do Conservatorio de Culleredo tivemos a sorte de compartir unha experiencia única no primeiro trimestre do curso 2017-18. Petur Eiriksson, trombonista principal da Orquestra Sinfónica de Galicia, dirixiunos o primeiro trimestre para ensaiar e ofrecer no concerto de nadal unha panxoliña.

O venres, 8 de marzo, Petur díxonos adeus para sempre e sentimos unha fonda tristeza pola perda tanto humana como artística. No tempo que compartimos con el, puidemos descubrir a súa paixón pola Musica. E aínda que nos éramos un coro totalmente amateur e sen coñecementos musicais, descubrimos que Petur tiña unha infinita paciencia e moitísimos recursos, entre eles o pracer polo ensino, para lograr o noso avance. En Nadal dirixiunos, e xunto co reforzo de James Ross como baixo, logrou que a actuación fora un éxito. Toda unha magoa esta morte tan prematura.

Ata sempre Petur Eiriksson!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR