INFORMACION CURSO 2019/2020

INFORMACION CURSO 2019/2020

O vindeiro martes 14 de maio as 19:30 na Aula A6 horas desenvolverase unha reunión informativa sobre o contido da proba de acceso a primeiro de grao elemental, así como o sistema de elección de prazas en función da nota obtida e o baremo usado para puntuala.

O número de prazas por  especialidade e as datas de matrícula para a proba tanto de 1º de grao elemental como de 1º de grao profesional son:

A adxudicación de prazas de grao elemental realizase en asemblea aberta en xuño, debendo asistir a ela para ter dereito de elección.

Os que non obteñan praza ou os que non se presenten a asamblea en xuño, quedarán en lista de espera na mesma posición que ocuparon, e en setembro repetirase a asemblea se quedan prazas vacantes, por baixas, traslados ou outros motivos.

Xa está publicado o CALENDARIO para o CURSO 2019/20

Co fin de que as persoas interesadas nos ensinos musicais que oferta o Conservatorio de Culleredo, coñezan o centro, o luns 13, martes 14 e mércores 15 de maio de 2019 en horario de 16:30 a 20:30 horas, están previstas unhas XORNADAS DE PORTAS ABERTAS, para que todos poidan coñecer o que se fai no Conservatorio.

O Conservatorio oferta prazas repartidas en todas as especialidades que se imparten, tanto no grao elemental como no grao profesional. Para resolver calquera dúbida sobre como se realiza o ACCESO AOS ENSINOS MUSICAIS do conservatorio, AQUÍ podedes ler o noso artigo sobre o tema.

Na seguinte ligazón podedes descargar o pdf informativo completo:

INFORMACIÓN SOBRE O ENSINO ARTÍSTICO DE MÚSICA NO CMUS DE CULLEREDO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR