XORNADA GASTRO-DEPORTIVA 2019

XORNADA GASTRO-DEPORTIVA 2019

Unha vez máis o curso remata, e como en cursos anteriores, o venres 21 de Xuño de 2019, celebrarase no Pavillón Isaac Díaz Pardo a xornada gastro-deportiva de fin de curso a partir das 17:00 horas.

O evento organizado polo Conservatorio de música de Culleredo en colaboración coa ANPA O Burgo do Conservatorio de Culleredo acada esta ocasión a súa VII edición, e consistirá como en edicións anteriores nunha competición en deportes variados: futbito, baloncesto, brilé, pañuelo,.. se se animan… pais/nais, profes, alumn@s e exalumn@s.

Ao remate dos encontros celebraremos unha merenda de confraternización coas viandas e bebidas que aportemos entre tod@s para compartir.

Esperamos contar con tod@s vos e disfrutar dunha tarde estupenda como nas seis edicións anteriores.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR