II FESTA DA MÚSICA GALEGA

II FESTA DA MÚSICA GALEGA

II FESTA DA MÚSICA GALEGA

Teatro Colón da Coruña, domingo 03 de novembro de 2019 ás 19:00 horas.

Organiza a Irmandade da Música Galega coa participación de: Coral Sporting Club Casino, Coro Cantábile, Coral e gaiteiros de Cántigas da Terra, Unidad de Música del Cuartel General de la Fuerza Logística Operativa, Deputación da Coruña e Concello da Coruña.

Despois do éxito acadado o pasado ano na primeira edición da Festa da Música Galega, organizada pola Irmandade de Música Galega, este ano e, unha vez constituída esta Irmandade como Asociación Cultural sen ánimo de lucro, convócase unha nova edición: a II Festa da Música Galega.

Como na primeira edición, a resposta de solistas e agrupacións ás que se lles pedíu a súa colaboración desinteresada, foi entusiasta e unánime. É de sinalar especialmente a colaboración da Unidad de Música de la Fuerza Logística Operativa, que novamente pechará o acto coa brillantez a que nos ten acostumados.

O amor pola nosa música move moitas vontades, como non podía ser doutro xeito. O noso patrimonio musical, tanto o puramente folklórico como as obras de autor sobre poesías dos nosos poetas (Rosalía de Castro á cabeza), tanto as históricas como as que se seguen a producir na actualidade, é un corpus artístico de magníficas dimensións que forma unha parte moi importante do noso ser, que nos identifica, que nos une e que fai aboiar o mellor de nós.

Nesta temporada a Irmandade xa celebrou un primeiro concerto, na Real Academia de Belas Artes, a cargo do quinteto de vento Zoar, para lle rendir tributo á obra de Carlos López García-Picos. Seguirán nos próximos meses de xaneiro e febreiro, na mesma sala, concertos para recuperar a memoria de Prudencio Piñeiro e Manuel Martí, así como un adicado íntegramente a compositoras galegas. Así mesmo, en decembro, en Rianxo tamén terán lugar concertos de homenaxe aos compositores mencionados.

Aquí podedes ver o cartel e o listado de artistas do evento:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR