MÚSICA CEREBRAL – ARTIGO

MÚSICA CEREBRAL – ARTIGO

Un estudo neurolóxico revela que as melodías de complexidade moderada son as preferidas do público. As melodías moi simples resultan a longo prazo aburridas, mentres que as demasiado elaboradas fan diminuír a atención debido á excesiva incerteza no seu desenlace. Ademais, preferimos que nos sorprendan melodías nas que, tras escoitar un fragmento, cremos saber como se desenvolverán.

Estas son algunhas das conclusións do estudo dun equipo de investigadores canadenses e británicos que se publicou recentemente na revista Journal of Neuroscience.

Os investigadores desenvolveron un modelo de cálculo que, alimentado cun amplo repertorio musical que incluíu tanto obras de música clásica como cancións tradicionais, permite medir a complexidade da composición, especialmente a súa capacidade para sorprender aos oíntes.

Despois realizaron varios estudos das preferencias de distintos grupos de persoas ante melodías de diversa complexidade e de distintos xéneros.

Esta preferencia por composicións de complexidade moderada concorda co observado noutros tipos de arte, como as artes plásticas, e suxire que o noso cerebro selecciona os estímulos que presentan un equilibrio adecuado entre complexidade e incerteza.

No caso da música, isto supón que o pracer de escoitar unha melodía está relacionado coa recompensa da aprendizaxe. Tal vez sexa esta a causa da pervivencia da música de Bach ou Vivaldi ata os nosos días.

Artigo escrito por Antonio Bode.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR