V CONCURSO DE INTERPRETACIÓN DE BANDAS SONORAS

V CONCURSO DE INTERPRETACIÓN DE BANDAS SONORAS

ANPA O Burgo do Conservatorio de música de Culleredo en colaboración có Conservatorio organiza o Quinto concurso de interpretación de Bandas Sonoras.

O obxecto desta nova convocatoria é a interpretación dunha banda sonora de cine, televisión e/ou videoxogo, ben individualmente ou en grupo que deberá ser interpretada en audición didáctica aberta ao público os VENRES 13 e 27 de MARZO de 2020. O concurso está aberto a tod@s @s alumn@s do Conservatorio, de grao elemental e profesional, e ex-alumn@s que non teñan rematado o grao superior, que poderán participar individualmente ou en grupo.

Este ano traemos algunas novidades que podedes ver nas BASES que vos deixamos neste artigo. As principais son:

1) Os premios serán máis elevados
2) Cambian as datas e imos celebralo pouco despois do Entroido, para evitar as dificultades do alumnado para preparar as pezas do Concurso, cara aos exames finais.
3) Finalmente os premios entregaranse o mesmo día da deliberación do Xurado, o venres 13 de marzo.

Estamos, tamén, en conversas coa ANPA do Conservatorio de Ferrol, que tamén organizan un Certame semellante,  para ver a posibilidade dunha actuación conxunta de solistas e grupos gañadores dos dous Conservatorios. Si é posible iremos informando das datas e do lugar.
 
Agardamos a vosa participación e colaboración nesta festa de todo o Conservatorio que é o Concurso de Bandas Sonoras
 
Adxuntamos as BASES e os ANEXOS para as inscricións e BOA SORTE A TODOS E TODAS!!!!!!

BASES e ANEXOS – V CONCURSO DE INTERPRETACIÓN DE BSO

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR