SEXTA EDICIÓN DE BATUTAS E BASTÓNS

SEXTA EDICIÓN DE BATUTAS E BASTÓNS

O mércores 29 de xaneiro de 2020, sexta edición do evento Batutas e Bastóns, ás 19:00h no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬. Coordinado e presentado por Marcos Seoane (profesor e director do conservatorio).

Este ano a estrela convidada como batuta e o Mestre Josep Pons, actual director da Orquestra Sinfónica do Gran Teatro do Liceo, e con anterioridade da Orquestra Nacional de España.

Ademáis participará nesta edición como bastón, Roberto Tojeiro, licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais e presidente/conselleiero delegado do Grupo Gadisa.

Podedes mercar a vosa camiseta de Batutas e Bastóns 6 na Oficina da ANPA no Conservatorio de Culleredo, no andar B, a 10€/ud, pásate a consultar. Si eres soci@ da ANPA, podes encargala por correo electrónico a anpaoburgo@gmail.com indicándonos unidades e talla que queres. Xa a pagas cando a recollas.

Novamente, este ano, como elemento conmemorativo, dispoñemos dunhas cuncas con logos do Conservatorio de Culleredo e da Anpa a 6€/ud. O que non se queira quedar sen ela que pregunte na nosa oficina do Conservatorio, alí os membros da Directiva informaranlle como conseguila.

Esperámosvos no evento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR