AUDICIÓN DIDÁCTICA DAS LETRAS GALEGAS 2016 – OS REBENTOS
AUDICIÓN DIDÁCTICA DAS LETRAS GALEGAS 2016 – OS REBENTOS

AUDICIÓN DIDÁCTICA DAS LETRAS GALEGAS 2016 – OS REBENTOS

ANUNCIO DO EVENTO

O mércores 11 de maio de 2016 no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo desenvolverase a partir das 20.00 horas, unha audición didáctico-musical para celebrar o día das Letras Galegas 2016 en honor ao poeta Manuel María.

Actuará o grupo tradicional galego “Os Rebentos d´a Cruña”, que como os xermes primaverais de toda a vexetación, virannos a contar en qué consiste o grupo, que instrumentos se utilizan nos temas galegos, certas cuestións referidas ao repertorio que van a interpretar…. Amosarannos a zanfoña, o bombo, o pandeiro, outra percusión miúda e por suposto a gaita.
Entre os integrantes do cuarteto atópase  un dos aumnos do noso Conservatorio de Culleredo: Ramón Rodríguez “Moncho”, do que nos consta a súa pericia narradora e interpretativa. Non volo podedes perder!!!!

DESCRICIÓN DO EVENTO

O mércores 11 de maio de 2016 no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo desenvolveuse unha audición moi especial por doble motivo: En primeiro lugar porque a formación (o grupo de gaitas) é pouco habitual no centro, e en segundo porque Moncho (alumno do centro) e os seus compañeiros, fixeron un fantástico percorrido pola música galega do século XX, especialmente a interpretada por grupos de gaitas.

Nunha proxección paralela de fotos fixas recordáronse a grupos de grande incidencia e incluso poidemos escoitar pequenos anacos das interpretacións orixinais e moitas outras anécdotas. Unha ledicia escoitar a Hugo López, David Martínez, o poliintérprete Luis Bolón (que nos tocou gaita, zanfoña, bombo tarrañolas e requinto) e Ramón Rodríguez (Moncho) que conduciu a audición maxistralmente.

Interpretaron: Alborada anterga de Ourense, Vira o pé, Alalá de Loureda, Canto de pandeiro, Xotas Muxicas, Muiñeira, Foliada de Amoeiro, Muiñeira de Requinteiros, De Castrelos a San Pedro e Ribeirana de Vigo.

Moitas gracias por encher o conservatorio de sons tan nosos.

Noraboa e volvede cando queirades!!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *