CONCERTO #CULLEREDOSUENA EN 44,05 – DÚAS PERCUSIÓN

CONCERTO #CULLEREDOSUENA EN 44,05 – DÚAS PERCUSIÓN

ANUNCIO DO EVENTO

O venres 24 de maio de 2019 unha nova edición de Culleredo suena en 44,05 a cargo de Dúas Percusión (Sabela García Caridad e Marta Figueirido), no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬.

Un Concerto didáctico de percusión para familias e nenas e nenos de todas as idades.

Este concerto xa foi ofrecido dentro dos programas pedagóxicos da Orquestra Sinfónica de Galicia no Palacio da Ópera con cheos absolutos, tal foi o éxito acadado que repiten espectáculo o ano que ven no mesmo ciclo.

A Entrada é libre ata completar aforo.

Aquí tedes un exemplo do que fan estas rapazas:

Que é Culleredo suena en 44,05?: A Dirección do centro quere apostar por un tipo de proposta artística onde non se superen os 45 min sin descanso, o que se chama: pequenas cápsulas musicais, xa que o Conservatorio debe ser o impulsor para que @s rapaces/zas se aficionen á música e enchan os múltiples auditorios e espacios dedicados a escoita de concertos, fomentando desta maneira o garante de novas xeracións de públicos enganchados a música…

 

  • Data : 2019/5/24
  • Artista : Dúas Percusión

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *