CONCERTO #CULLEREDOSUENA – LAURA SULAJ

CONCERTO #CULLEREDOSUENA – LAURA SULAJ

ANUNCIO DO EVENTO

O xoves 23 de maio de 2019 unha nova edición de Culleredo suena a cargo da pianista Laura Sulaj, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬.

Laura Sulaj é a Gañadora do Concurso da Bienal NOCHES DE MÚSICA CLÁSICA,  Durrës Albania 2017.

Laura Sulaj naceu en Londres no 2001. Comezou os seus estudos de piano á idade de seis anos e actualmente está no último ano de bacharelato no Conservatorio de Durrës, Albania, na clase da profesora Linda Zemblaku. Realizou moitos recitais e é gañadora de varias competicións: en 2017 gañou o Concurso de Novos Talentos da Bienale “Noites de Música Clásica” de Dürres, organizado por Florian Vlashi. En decembro de 2017 gañou o Primeiro Premio no concurso Frederic Chopin, acompañada pola orquestra RTSH baixo a batuta de Zhani Ciko. En abril de 2018 tocou coa orquestra de cámara de Dürres baixo a batuta do profesor Petrika Afezolli, titular de dirección de orquestra da Universidade das Artes en Albania. En maio de 2018, foi convidada pola Sociedade Chopin en Albania, a actuar en Palma de Mallorca e facer unha clase maxistral co profesor máis destacado como o director do Conservatorio Tchaikovsky en Moscova, Mikhail Voskresensky, o director do Conservatorio de Seúl, Sun Kyung Le, o director do Conservatorio de Texas, Adam Wodnicki e o director de Frederic Chopin en Alemania, Bozena Maciejowska. Foi aclamada “a perla de Mallorca” debido aos seus excelentes resultados. Foi convidada a dar concertos en Alemania e Corea do Sur. A finais deste mes, gañou o Gran Premio no concurso “Tirana Talent”. En agosto de 2018, foi convidada a dar concertos en Alemania e a traballar con Heribert Koch. Actuou en Aachen, Düren e Bon. En decembro de 2018, foise a Polonia a traballar con Marian Sobula. En 2019 foi unha das 8 finalistas en Mozos Músicos de Albania, acompañada pola orquestra RTSH co director Gridi Kraja. Ultimamente realiza masterclass con Karin Wagner (Austria) e foi convidada a tocar en varios concertos organizados pola embaixada de Polonia.

No concerto que dará en Culleredo, ofrécenos un marabilloso programa:

  • S. Rachmaninov- Etude Tableaux op.39 no.1.
  • L. van Beethoven – Sonata no.23 “Appassionata”
  • F.Chopin – Ballade no.4.
  • S.Prokofiev – Sonata no.3. op 28
  • C.Debussy – Images (1ere série)
  • F.Chopin – Fantasie op.49

 

 

  • Data : 2019/5/23
  • Artista : Laura Sulaj

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *