CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS 2016 – ADICADO A MANUEL MARÍA
CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS 2016 – ADICADO A MANUEL MARÍA

CONCERTO DAS LETRAS GALEGAS 2016 – ADICADO A MANUEL MARÍA

ANUNCIO DO EVENTO

O xoves 19 de maio de 2016 no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo desenvolverase a partir das 19:30 horas, un concerto didáctico con motivo da celebración do día das Letras Galegas 2016 en honor ao poeta Manuel María.

Actuarán os alumn@s e profesores/as do CMUS de Culleredo nun concerto múltiple e variado onde poderemos escoitar tanto música clasica como música galega.

DESCRICIÓN DO EVENTO

O xoves 19 de maio de 2016 no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo desenvolveuse un concerto didáctico con motivo da celebración do día das Letras Galegas 2016 no que ademais da lectura dun poema sobre a nenez de Manuel María por parte de Pilar Salgueiro, participaron os seguintes alumnos:

Dúo violín-percusión formado por Nuno Moure e Ismael Ares que interpretaron unha canción popular galega

  • Pablo Bao (clarinete) interpretou o 1º movemento do Concerto de ‪Stamitz‬ acompañado polo profesor de piano Miguel Valls
  • Álvaro de Oliveira (piano) cunha fermosa obra de Óscar ‪da Silva‬
  • Ensemble de trompetas formado por Gabriela, Lucas, Adrián, Alba, Alex e o profesor Jorge Ferreira que interpretaron dúas obras fora de programa
  • Daniel Miguelez (piano) que nos ofreceu ‪‎Mendelssohn‬
  • Trío de doble clarinete e piano formado por Antón Seijas, Irene Martínez e Celia Acción que tocou “Peza de concerto nº 1” de Mendelssohn
  • Beatriz Vázquez (piano) que sorprendeu coa Milonga sureña nº 45 de Juan José ‎Ramos‬.

Entre os profesores participaron o dúo piano-voz de Susana Polo e Vicky Álvarez que nos agasallaron cunha fermosa composición de Xan Viaño, o solo que o profesor de trompeta Jorge Ferreira interpretou co Ensemble, e como peche do Concerto una estupenda sorpresa cun dúo guitarra-voz para cantar “O Carro” con letra de Manuel María, interpretado por Jorge Ferreira e Pilar Salgueiro, na que descubrimos unhas fermosas voces.

Por suposto queremos volver a escoitarvos noutras ocasións.

Noraboa a todos!!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *