CONCERTO DIDÁCTICO DA ORQUESTRA DO CONSERVATORIO
ANUNCIO DO EVENTO
O venres 15 de abril de 2016, concerto didáctico da Orquestra do Conservatorio de Música de Culleredo formada por alumno@s do centro, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de Culleredo.
PROGRAMA:
1ª Parte: Concerto Grosso de Arcangelo Corelli
2ª Parte: Murmuros do bosque (Sinfonía) de Iván Doval
DESCRICIÓN DO EVENTO
O venres 15 de abril de 2016, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de Culleredo desenvolveuse a audición didáctica da Orquestra de grao profesional, dirixida por Antonio Suárez e o Ensemble de clarinetes. Comenzou no vestíbulo o Ensemble que interpretou “Caprice” de C. Grundman. Despois o público encheu os asentos do salón e a Orquestra deleitounos con dúas obras: a primeira de A. Corelli, “Concerto Grosso per la notte di natale” e a segunda unha obra de Iván Doval, profesor de composición do Conservatorio, “Murmurios do Bosque”. O propio compositor explicou que está formada para 4 movementos que fan un percorrido polo fenómeno musical que se produce ao anoitecer nos bosques. O vento no bosque, cal orquestra de corda, enlaza melodías doces; a fascinación da música atrae a un home que se perde e cansado quédase durmido; apoiado nunha árbore soña; esperta sobresaltado e escoita os sons previos ao amencer, que no último movemento acada o seu esplendor; ao final o home pode regresar. É moi subliñable que pese a xuventude dos compoñentes da orquestra, moitos de 1º e 2º de gao profesional, foron capaces de resolver dúas complicadas obras acadando momentos de moita armonía sempre baixo a batuta do Director.
Como sorpresa final, novamente o estupendo ensemble de clarinetes, formado por Antón Gómez, Clara Inés García, Irene Martínez, Antón Seijas, Álvaro Rodríguez, Román Riveira, Brais Gómez, Laura Mondelo e Patricia Saez interpretou ” Adiós Muchachos” de J. C. Sanders.
Gracias aos alumnos polo seu traballo e por suposto a Iván e a Antonio.
Estamos moi orgullosos de vos!!!!
Deixa unha resposta