CONCERTO DIDÁCTICO DE CANTO E CORO
CONCERTO DIDÁCTICO DE CANTO E CORO

CONCERTO DIDÁCTICO DE CANTO E CORO

ANUNCIO DO EVENTO

O mércores 16 de decembro de 2015, concerto didáctico de canto e coro a cargo d@s alumno@s da profesora Vicky Álvarez Acón, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬.

DESCRICIÓN DO EVENTO

O mércores 16 de decembro de 2015 desenvolveuse no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo a audición didáctica de canto e coro a cargo d@s alumno@s da profesora Vicky Álvarez Acón. Participaron as alumnas de canto Cristina Bernal e Elia Galdo acompañadas ao piano polo profesor Miguel Valls. Ademais actuou o coro de grao profesional e un cuarteto moi especial integrado polas alumnas: Cristina Bernal ao piano, Lúa Cougil ao violín, Alejandra Maneiro ao violoncello e Elia Galdo á guitarra. Estes artistas cantan e tocan que é unha maravilla. Noraboa!!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *