CONCERTO DIDÁCTICO DE CANTO “LE ORIGINE DELL´OPERA”
CONCERTO DIDÁCTICO DE CANTO “LE ORIGINE DELL´OPERA”

CONCERTO DIDÁCTICO DE CANTO “LE ORIGINE DELL´OPERA”

ANUNCIO DO EVENTO

O mércores 01 de xuño de 2016, concerto didáctico de canto “Le origine dell´opera” a cargo das alumnas Elia Galdo e Cristina Bernal, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬.

DESCRICIÓN DO EVENTO

O mércores 01 de xuño de 2016, desenvolveuse unha audición didáctica de canto: “Le origine dell´opera” a cargo das alumnas de canto da profesora Victoria Alvarez Acón: Elia Galdo e Cristina Bernal, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬.

Montaron un espectáculo audiovisual no que fixeron un percorrido pola historia da Opera italiana, Florencia, Venecia e Sicilia con autores como ‪‎Monteverdi‬, ‪‎Caccini‬, ‪#Cavalli‬, ‪Cesti‬ e o remate ca Opera bufa de ‪Pergolessi‬. A exposición foi en italiano completamente, co que amosaron que isto dos idiomas non ten secretos para estas estupendas cantantes. Acompañadas ao piano magnificamente polo profesor Vicente Castro, interpretaron algunhas obras deses autores. Como peche do concerto Cristina Bernal ocupou a banqueta do piano e a dúo con Elia intepretaron unha canción pop, con gran lirismo e sensibilidade. En gran espectáculo!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *