CONCERTO DIDÁCTICO DE CELLO E CLAVE
CONCERTO DIDÁCTICO DE CELLO E CLAVE

CONCERTO DIDÁCTICO DE CELLO E CLAVE

ANUNCIO DO EVENTO

O venres 27 de maio de 2016, concerto didáctico de Sonatas de J.S. Bach para cello e clave a cargo do cellista Juan Antonio Almarza Esparza (profesor de cello do Conservatorio profesional de música de A Coruña) acompañado ao clave por Alexandra Pita Evia, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬.

ANUNCIO DO EVENTO

O venres 27 de maio de 2016 pola tarde desenvolveuse no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo un recital que ofreceron Juan Antonio Almarza Esparza ao cello‬ e Alexandra Pita Evia ao clave‬. Para a ocasión trasladouse ao escenario o espectacular clave cedido por Luis Lupiañez. O programa ofrecido foron 3 Sonatas para Viola de gamba e Clave de J. S.Bach‬ compostas no ano 1730 coa idea de formar un conxunto. As dúas primeiras, en Sol M BWV 1027 e Re M BWV 1028, son típicas sonatas ao estilo italiano e a terceira en Sol m BWV 1029, só ten tres movementos e recorda a un dos Concertos de Brandemburgo. A principal dificultade para o cellista consiste en lograr empastar co clave a nivel tímbrico o que Juan Antonio consigue con moita pericia e utilizando un arco que imita aos do século XVIII. Alexandra tamén estupenda ao clave, enchendo o salón dun clima especial.

Ante os aplausos repetidos do público ofreceron dúas propinas para cello e baixo continuo na que o clave funcionou maravillosamente, En primeiro lugar o movemento lento dun concerto para clave de Bach de especial gusto para os cellistas e en segundo lugar o larghetto de unha sonata dun dos fillos de Bach, J.C.F Bach.

Moitas gracias por visitarnos. Pasamos unha tarde estupenda, e voltade cando queirades!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *