CONCERTO DIDÁCTICO DE CELLO
CONCERTO DIDÁCTICO DE CELLO

CONCERTO DIDÁCTICO DE CELLO

ANUNCIO DO EVENTO

O luns 14 de marzo de 2016, concerto didáctico de cello a cargo d@s alumno@s do profesor Joaquín García Soto, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬.

DESCRICIÓN DO EVENTO

O luns 14 de marzo de 2016 desenvolveuse no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo unha audición didáctica a cargo dos alumnos de cello do profesor Joaquín García Soto. Participaron Arturo Aparicio, Ana Belén Rodríguez, Noa Insua en dúo co seu irmán Xoel á guitarra‬, Iosune López, Paula Gómez, Tadeo Rey, Alejandra Maneiro, Celtia Jabares, Bárbara Litvik e Inés Blanco, acompañados ao ‪‎piano‬ por Susana Polo. Parte dos alumnos de piano desta profesora sumáronse ao concerto: Antón Seijas, Noa Gómez, Mikel Biurrum e Arina Coretchi. O dúo clarinete‬ e piano formado por Celia Acción e Irene Rodríguez completou esta variada tarde musical interpretando entre outros aos seguintes autores Beethoven‬, Brahms‬, ‪‎Bach‬, Vivaldi‬, e a estupenda sonata para piano e clarinete de ‪‎Saint Saens‬. Estupendos todos!!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *