CONCERTO DIDÁCTICO DE CLARINETE
CONCERTO DIDÁCTICO DE CLARINETE

CONCERTO DIDÁCTICO DE CLARINETE

ANUNCIO DO EVENTO

O mércores 08 de xuño de 2016, concerto didáctico de clarinete a cargo d@s alumno@s do profesor Antonio Suárez Saavedra, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬.

DESCRICIÓN DO EVENTO

O mércores 08 de xuño de 2016, desenvolveuse o concerto didáctico de clarinete a cargo d@s alumno@s do profesor Antonio Suárez Saavedra, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬. @s alumn@s estiveron moi ben acompañados polo profesor de piano Miguel Valls, que tivo que traballar a reo porque as obras requerían bastante esforzo pianístico.

Participaron: Antón Gómez, Laura Mondelo, Amina Calviño que formou dúo co profesor Antonio suárez, Brais Gómez, Clara Inés  Álvaro Rodríguez, Irene Pacheco, Manuela Galego, Martín Cabanas, Patricia Vázquez e como peche do concerto actuou Irene Martínez. Presentáronnos obras de Weber, Stamitz, Burgmüller, Ferguson, Donizetti entre outros. Moitas felicidades polo voso esforzo, porque da gusto escoitarvos.

Noraboa a toso os participantes!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *