CONCERTO DIDÁCTICO DE CORO
CONCERTO DIDÁCTICO DE CORO

CONCERTO DIDÁCTICO DE CORO

ANUNCIO DO EVENTO

O xoves 5 de maio de 2016, concerto didáctico do Coro do Conservatorio profesional de Música Xan viaño de Ferrol e do Coro do Conservatorio profesional de Música de Culleredo, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬.

DESCRICIÓN DO EVENTO

O xoves 5 de maio de 2016 desenvolveuse no no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo un concerto didáctico de música coral no que participaron o Coro de 1º a 3º de grao profesional do Conservatorio Xan Viaño de Ferrol e o Coro de grao profesional do Conservatorio de Culleredo.

Ofreceron un variado repertorio, acompañados ao piano por Alexandra Pita e Vicente Castro.

O percorrido sonoro levounos a escoitar sons de moitas partes do mundo desde os negros espirituais ata cancións albanesas, gregas e exipcias, pasando por melodías do cancioneiro.

O Coro de Culleredo ofreceu dúas pezas con intervención das estupendas solistas Sara González e Sandra Barreiro.

Todo un espectáculo moi ben dirixido polas directoras Catuxa de Ferrol e Vicky de Culleredo.

Unha maravilla estes rapaces, algúns francamente novos!!!!.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *