CONCERTO DIDÁCTICO DE GUITARRA
CONCERTO DIDÁCTICO DE GUITARRA

CONCERTO DIDÁCTICO DE GUITARRA

ANUNCIO DO EVENTO

O xoves 17 de marzo de 2016, concerto didáctico de guitarra a cargo d@s alumno@s do profesor Victor Illán Rodríguez, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬.

DESCRICIÓN DO EVENTO

O xoves 17 de marzo, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo, tivo lugar a audición dos alumnos de guitarra do profesor Víctor Illán Rodríguez. Os intérpretes foron: Silvia Prieto (Estudo nº 9 de F. Carulli), Elena Bao (Estudo nº 12 de F. Carulli), Isaac Fudili (Vals de M. Carcassi), Sofía Blanco (Estudonº 14 de F. Carulli), María López (Allegretto de F. Sor), Andrea Robado (Pavana de D. Pisador e Siciliana de A. Meissonnier), Samuel Regueira (Alman de R. Johnson e Ciclamen de N. Leclercq), Paula Fiaño (Preludio e dous minuetos, obra anónima), Jorge Corral (Diferenzas sobre “Guárdame las vacas”de L. Narváez), Belén Rodríguez (Preludio suite BWV 997 de J.S. Bach) e Alejandra Rodríguez (Vals “Las dos hermanitas” de F. Tárrega).

Tamén interveu nesta audición a alumna de violoncello Paula Rebón, que interpretou o Estudo nº 6 de Popper acompañada do seu profesor Joaquín García Soto.

Noraboa a todos!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *