CONCERTO DIDÁCTICO DE PERCUSIÓN
CONCERTO DIDÁCTICO DE PERCUSIÓN

CONCERTO DIDÁCTICO DE PERCUSIÓN

ANUNCIO DO EVENTO

O martes 29 de marzo de 2016, concerto didáctico de percusión a cargo d@s alumn@s do Conservatorio de Música de Segovia, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬.

DESCRICIÓN DO EVENTO

O martes 29 de marzo de 2016, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo desenvolveuse unha audición didáctica moi especial conducida polo profesor de percusión do Conservatorio Profesional de Música de Segovia, Rodrigo Martínez Roncero, ao que acompañaron os alumnos Santiago Villar, Andrés Montalvillo e Guillermo Miguel.

Abriron a audición cunha versión para marimba do preludio dunha das suites de Bach para Violoncello, para despois pasar a obras xa escritas para percusión por compositores do século XX. Interpretaron obras de Marcus Leoson, Toshimitsu Tanaka, Eric Sammut, Alice Gomez entre outros, utilizando ademais da marimba, multipercusión, timbais, vibráfono, caixa, temples block e cencerros. Todo un espectáculo moi ben explicado polo profesor, que desgranou diversos secretos dos distintos instrumentos e das baquetas, ademais de explicar minimamente as obras interpretadas.

Aquí podedes ver e gozar en vídeo o que foi a actuación destes artistas:

Unha tarde interesante.

Moitas gracias aos catro por aceptar a nosa invitación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *