CONCERTO DIDÁCTICO DE PIANO
CONCERTO DIDÁCTICO DE PIANO

CONCERTO DIDÁCTICO DE PIANO

ANUNCIO DO EVENTO

O martes 15 de marzo de 2016, concerto didáctico de piano a cargo d@s alumno@s da profesora Alís Polo Lamas, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬.

DESCRICIÓN DO EVENTO

O martes 15 de marzo, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬, desenvolveuse a audición de piano‬, conxunto e piano complementario d@s alumn@s da profesora Alís Polo Lamas. Participaron os seguintes intérpretes: Xosé Arca interpretou a ‪‎Czerny‬ e Kabalevsky‬, Mateo Paz con Maikapar‬ e‪ Tchaikovsky‬, Jorge e Mateo Paz que nos ofreceron Beethoven‬, Alicia Barrós con ‪‎Petzold‬, Lucía Pazos con ‪‎Saint-Luc‬ e Kabalevsky, Marta Andón con obras de Bach‬ e ‪‎Kuhlau‬, Alejandro Picón e Diego Torreiro (alumnos de piano complementario) con obras de ‪‎microjazz‬ e Beethoven, Celtia Jabares e Luisa López con ‪‎Diabelli‬, Gloria Uzal e Mariña Neira ofreceron Pachelbel‬, Sara Carril obras de ‪‎Scarlatti‬ e Kuhlau, Claudia Mosquera con obras de Scarlatti e ‪‎Chopin‬, Beatriz Vázquez cunhas estupendas variacións de Beethoven e pechou o concerto Grisha Keilin que interpretou con gran musicalidade dous preludios e fugas de Bach.

Neste concerto abarcouse unha ampla etapa histórica con autores desde o Barroco ata o século XX. Moi bo traballo de todos os intérpretes!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *