CONCERTO DIDÁCTICO DE PIANO
CONCERTO DIDÁCTICO DE PIANO

CONCERTO DIDÁCTICO DE PIANO

ANUNCIO DO EVENTO

O martes 07 de xuño de 2016, concerto didáctico de piano a cargo d@s alumno@s da profesora Alís Polo Lamas, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬.

DESCRICIÓN DO EVENTO

O martes 07 de xuño de 2016, desenvolveuse o concerto didáctico de piano a cargo d@s alumno@s da profesora Alís Polo Lamas, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬. Participaron alumnos de piano, piano complementario e conxunto. Entre os de piano comenzou o pequeno Xosé Arca con obras de Kabalevsky e Haydn. Seguiu Mateo Paz de 2º con obras de Gnésima e Kabalevsky; Lucía Pazos e Alicia Barrós de 3º, intepretaron obras de Schubert e Schumann. Marta Andón de 4º desenvolveu con boa factura as obras da súa proba de acceso, Bach, Kuhlau e Grieg. Sara Carril de 1º de grao profesional unha sonatina de Kuhlau; Claudia Mosquera un brillante Arabesque de Debussi; e os expléndidos maiores, Beatriz Vázquez Toral de 4º cun Improntu de Schubert e unha Milonga Sureña de Ramos e Grisha Keilin con Beethoven e Schubert. Conxuntos tivemos dous, Celtia Jabares con Luisa López que interpretaron dúas pezas de microjazz e Gloria Uzal e Mariña Neira coa Suite Doyle de Fauré; e de piano complementario os alumnos Alex Picón que en solitario interpretou Valzer de Tchaikovsky e Diego Torreiro que a dúo con Alex, intepretaron unha preciosa versión para piano a 4 mans dunha aria de Bellini. todos estupendos e os maiores gañando dominio e seguridade en cada concerto. Noraboa a todos!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *