CONCERTO DIDÁCTICO DE PIANO
CONCERTO DIDÁCTICO DE PIANO

CONCERTO DIDÁCTICO DE PIANO

ANUNCIO DO EVENTO

O luns 13 de xuño de 2016, concerto didáctico de piano, piano complementario e consunto a cargo d@s alumno@s do profesor Miguel Valls Martínez, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬.

DESCRICIÓN DO EVENTO

O luns 13 de xuño de 2016, desenvolveuse o concerto didáctico de piano, piano complementario e consunto a cargo d@s alumno@s do profesor Miguel Valls Martínez, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬. Participaron por orde de curso os alumnos de piano: Candela Vila, Martina Cárdenas, Lucía Canabal, Alba Cortés, Pedro Vila, Marta Infante, Claudia Mosquera, María Regueira, Natalia Lago, Alejandra Maneiro, Iván Pardo e Claudia Fernández ademais da alumna de piano complementario Irene Martínez, clarinetista que demostrou que esto do piano non se lle da nada mal. Intepretaron obras de ‪Burgmüller‬, ‪Bach‬, ‪Debussy‬, ‪Chopin‬, ‎Schubert‬ e ‪‎Mendelssohn‬. Destacable o Impromptu nº 2 de Schubert desenvolto por Alejandra Maneiro. Moi interesantes os dúos Alba e Marta cunha obra de ‪‎Grieg‬ e Pedro e Marta cun rapidísimo Entertainer de Scott ‪‎Joplin‬, así como o trío Claudia, María e Natalia. Pechou o concerto a alumna Claudia Fernández que remata 6º de grao profesional interpretando unha obra de ‪‎Albéniz‬. Emotiva despedida do profesor e sorpresa de Elena que asistiu casi de incógnito ao concerto coa súa pequena filla. Ao final abrazos entre todos. Tarde emotiva e broche estupendo. Noraboa a todos os participantes!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *