CONCERTO DIDÁCTICO DE PIANO, CELLO E FAGOT
CONCERTO DIDÁCTICO DE PIANO, CELLO E FAGOT

CONCERTO DIDÁCTICO DE PIANO, CELLO E FAGOT

ANUNCIO DO EVENTO

O venres 18 de novembro de 2016, concerto didáctico de piano, cello e fagot a cargo de Laura Jiménez Celorio (fagot), Javier Vázquez Grela (piano) e Teresa Morales Diego (violoncello), no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬. Concerto con motivo da celebración do día de Santa Icía.

DESCRICIÓN DO EVENTO

O venres 18 de novembro de 2016, desenvolveuse o concerto didáctico (con motivo da celebración do día de Santa Icía) de piano, cello e fagot a cargo de Laura Jiménez Celorio (fagot), Javier Vázquez Grela (piano) e Teresa Morales Diego (violoncello), no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬‬. Interpretaron cinco pezas comenzando coa sonata nº 2 para fagot e baixo continuo de Boismortier, nesta obra a fagotista estivo acompañada pola cellista e por un estupendo baixo continuo que Javier tocou no piano de cola. A segunda obra da primeira parte foi a sonata para fagot e piano op. 168 de Saint Saëns. Tralo descanso a Serenata a Dulcinea de Halffner, obra de piano só ao que seguiu a Sonata para fagot só de Genzmer. Pechando o concerto o dúo Laura-Javier coa Ciranda das sete notas de Heitor VillaLobos.

Sutileza, armonía e enerxía foron despregándose polo salón nas distintas pezas. Os alumnos de 2º de grao elemental e os de 1º de grao profesional acompañados dos seus profes tiveron a sorte de asistir como público entre o que descubrimos a algún outro alumno co seu profe de especialidade.

Moitísimas gracias aos intérpretes… E volvede cando queirades que estaremos encantados de escoitarvos!!!!

  • Data : 2016/11/18
  • Artista : Laura Jiménez Celorio, Javier Vázquez Grela e Teresa Morales Diego
  • Imaxes : goo.gl/OTrPba

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *