CONCERTO DIDÁCTICO DE PIANO E ACORDEÓN
CONCERTO DIDÁCTICO DE PIANO E ACORDEÓN

CONCERTO DIDÁCTICO DE PIANO E ACORDEÓN

ANUNCIO DO EVENTO

O luns 06 de xuño de 2016, concerto didáctico de piano e acordeón a cargo d@s alumno@s do profesor Manuel Rosende Sanjurjo, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬.

DESCRICIÓN DO EVENTO

O luns 06 de xuño de 2016, desenvolveuse no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬, o concerto didáctico de piano, acordeón e piano complementario a cargo d@s alumno@s do profesor Manuel Rosende Sanjurjo.

Unha tarde emotiva na que participaron: Claudia Mosquera e Helena Barreiro, que interpretaron “La novia cadáver” nunha versión para piano a 4 mans, Antía Amigo que ao acordeón tocou dúas pezas de Dizio; Ana Amigo con “My Bonie” e “Indiang song” tamén ao acordeón; os pianistas Pablo Andón coa sonatina de Diabelli e Tarantella de Prokofiev, Yeshy Ferré Sonatina de Clementi e Toccatina de Kabalevsky, Daniel Valcárcel con obras de Beethoven e Grieg,  Marta Infante con Sonata de Haydn e Danza dos Elfos de Grieg; e os alumnos de piano complementario, Diego López, con peza de Schumann, Clara Bode con Valzer de Grieg, e Gloria Uzal con Gnossienne de Satie.

Pecharon o concerto as alumnas maiores, Helena Barreiro de acordeón que intepretou Akelarre de Cárcamo e Andalusía de Lecuona e Sandra Barreiro Cabanas, alumna que remata brillantemente o grao profesional e que intepretou as Danzas Rumanas de Bartok e Nocturno nº 3 de Liszt. Manuel Rosende recordoulle a ela que se vai despois de 10 anos ao seu carón como alumna, que sempre está alí para o que necesite, e que ainda que non se dedique profesionalmente á música, que non deixe de tocar. Moi emotivo o final.

Todos os alumnos estuveron xenial. Noraboa a todos!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *