CONCERTO DIDÁCTICO DE PIANO E CELLO
CONCERTO DIDÁCTICO DE PIANO E CELLO

CONCERTO DIDÁCTICO DE PIANO E CELLO

ANUNCIO DO EVENTO

O venres 03 de xuño de 2016, concerto didáctico de piano e cello a cargo d@s alumno@s dos profesores Susana Polo e Joaquín García, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬.

DESCRICIÓN DO EVENTO

O venres 03 de xuño de 2016 desenvolveuse no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo a audición de cello, piano, conxunto e cámara d@s alumno@s dos profesores Susana Polo e Joaquín García. Foi bonito, variado pero moi longo debido á unificación de tantos artistas!!!!. E queixábamonos do macro-concerto de violín do xoves….

Participaron o conxunto de cordas de 1º e 2º de grao profesional formado polos violíns: Patricia Mato, Raquel Piñeiro, Selva Gijón, Nuria Mir, Anxo Abuelo e Manuel Gómez e os cellos: Inés Blanco, Mario Pereira, Alejandra Maneiro, Celtia Jabares e Bárbara Litvihk, que interpretou unhas pezas de Bartok; o doble trío de cámara formado por Celia Acción e Iván Pardo (pianos) e Irene Martínez e Antón Seijas (clarinetes), que interpretaron un Concerto de Mendelssohn; os alumnos de piano de Susana Polo: Mikel Biurrum, Noa Gómez, Álvaro de Oliveira e Sofía Santos con obras de Bartok, Burgmuller, Brahms e os alumnos de cello de Joaquín García: Ana, Iosune López, Noa Ínsua, Santi Rey, Paula Rebón, Belén rodríguez, Tadeo Rey, Mario Pereira, Alejandra Maneiro, Celtia Jabares, Bárbara Litvhk e Inés Blanco, que interpretaron obras de Tchaikovsky, Vivaldi, Bach, Popper, entre outros, acompañados ao piano, cando o requería a obra por Susana Polo.

Como sorpresas: o dúo cello violín formado por Iosune López e Jorge Pereira cunha peza folk, a participación dunha compañeira moi especial de Noa Gómez, Natalia que a acompañou nunha peza de Norton para piano a catro mans, e o peche audio visual a cargo da bailarina Sofía que cos suaves sons do cello de Paula Rebón acompañada por Susana Polo, interpretaron unha versión moi especial de O Lago dos cisnes, de Tchaikovsky.

Rematou a tarde cunha merenda no parque do contorno do Conservatorio. Noraboa a todos os alumnos polo traballo realizado!!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *