CONCERTO DIDÁCTICO DE PIANO E CELLO
CONCERTO DIDÁCTICO DE PIANO E CELLO

CONCERTO DIDÁCTICO DE PIANO E CELLO

ANUNCIO DO EVENTO

O luns 14 de decembro de 2015, concerto didáctico de piano e cello a cargo d@s alumno@s dos profesores Susana Polo e Joaquín García, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬.

DESCRICIÓN DO EVENTO

O luns 14 de decembro de 2015 tivemos unha audición didáctica d@s alumn@s de piano e cello dos profesores Susana Polo e Joaquín García, participaron Ana Romero, Mikel Biurrum, Arturo Aparicio, Noa Gómez, Iosune López, Noa Insua, Santiago Rey, Paula Rebón, Belén Rodríguez, Antón Seijas, Tadeo Rey, Mario Pereira, Celia Acción, Alejandra Maneiro, Sofía Santos, Álvaro de Oliveira, Inés Blanco, rematando o concerto con dous dúos de piano e clarinete formados por Irene Rodríguez/Celia Acción e Antón Seijas/Iván Pardo. Interpretaron moitas obras desde os villancicos e as populares dos alumnos mais xoves, ata interpretacións de ‪‎SaintSaens‬,‪ ‎Beethoven‬Chopin‬Popper‬, ‪ Bruckner‬,‪ Vivaldi‬, ‪‎Breval‬Rieding‬,‪ Brahms‬ entre outros. A destacar a interpretación do xove cellista Arturo Aparicio que interpretou unha peza da súa autoría. Os cellistas estiveron acompañados ao piano pola profesora Susana Polo, a alumna Noa Gómez e Mikel foi acompañado nunha das súas pezas pola súa nai Alba. Noraboa a todos!!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *