CONCERTO DIDÁCTICO DE SAXO E ORQUESTRA
CONCERTO DIDÁCTICO DE SAXO E ORQUESTRA

CONCERTO DIDÁCTICO DE SAXO E ORQUESTRA

ANUNCIO DO EVENTO

O martes 23 de febreiro de 2016, concerto didáctico de saxo e orquestra a cargo d@s alumno@s do profesor Alberto García Noguerol, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬.

DESCRICIÓN DO EVENTO

O martes 23 de febreiro de 2016 tivemos unha tarde moi musical!!!. Achégase o final do segundo trimestre e os nosos alumnos xa están moi preparados. Comezan a ofrecerse os miniconcertos exprés no Hall do Conservatorio. Hoxe dúo de clarinete e piano a cargo de Iván Pardo ao piano e Antón Seijas ao clarinete.

Mais tarde, e xa no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬, desenvolveuse a audición dos alumnos de saxo, de conxunto de piano a 6 mans e de orquestra infantil, todos eles a cargo do profesor Alberto García Noguerol. Participaron na orquestra infantil: Antonio Igleisas, Lucía Sanjurjo, Nicolás Riveira e Nuno Moure, violíns, Adrián Gijón, Tormpeta, Pablo Bao e Sofía Corral, clarinetes e Santiago Rey e Iosune López cellos. Tocaron tres obras de Andrades, Rodgers e Lennon-Mc Cartney. Os saxos Marcos Bello, Antón Castro e Diego Torreiro, acompañados ao piano pola profesora Pilar Fernández Salgueiro, interpretaron obras de Milhaud, Bozza e Demersseman. Remataron a audición o conxunto de piano a 6 mans composto por Sara Carril, Daniel Miguélez e Álvaro de Oliveira que desenvolveron obras de Schubert, Sousa e Paganini. Todos eles estupendos como sempre. Noraboa polo voso traballo!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *