CONCERTO DIDÁCTICO DE SAXO, ORQUESTRA INFANTIL E CONXUNTO
CONCERTO DIDÁCTICO DE SAXO, ORQUESTRA INFANTIL E CONXUNTO

CONCERTO DIDÁCTICO DE SAXO, ORQUESTRA INFANTIL E CONXUNTO

ANUNCIO DO EVENTO

O martes 31 de maio de 2016, concerto didáctico de saxo, orquestra infantil e conxunto a cargo d@s alumno@s do profesor Alberto García Noguerol, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬.

DESCRICIÓN DO EVENTO

O martes 31 de maio de 2016 desenvolveuse o concerto didáctico de saxo, orquestra infantil e conxunto a cargo d@s alumno@s do profesor Alberto García Noguerol, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬. Comenzou a Orquestra infantil formada polos violíns: Antonio Iglesias, Lucía Sanjurjo, Nuno Moure e Nicolás Riveira, o trompeta Adrían Gijón, os clarinetes: Pablo Bao e Sofía Corral e os cellos: Iosune López e Santiago Rey. Algúns deles explicaron as obras a interpretar. Comenzou Sofía Corral e seguiron Antonio Iglesias, Pablo Bao e Santiago Rey explicando “Yesterday”, “Nearer, my God, to thee”, “Over the rainbow” e “Auld Lan Shine”, de Lennon, Mason, Arien e Burns respectivamente. Destacable o só de trompeta de Adrián Gijón e o simpático final de Nuno Moure co seu só de triángulo. Unha delicia ver a estes pequenos que acuden á orquestra infantil fóra de programa.

A continuación os alumnos de saxo por orde de idade interpretaron obras do seu repertorio académico. Álvaro da Costa, “Kansas City” de Naulais; Marcos Bello, “Pastorale” de Haendel; Asier Salvador “Dance” de Milhaud; Antón Castro “Petite suite latina” de Naulais; Tadeo Rey unha complicada “Fantaisie” de Demersseman e pechou o concerto Diego Torreiro con “Diptyque” de Bozza.

Noraboa a todos eles!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *