CONCERTO DIDÁCTICO DE TROMPETA
CONCERTO DIDÁCTICO DE TROMPETA

CONCERTO DIDÁCTICO DE TROMPETA

ANUNCIO DO EVENTO

O xoves 26 de maio de 2016, concerto didáctico de trompeta a cargo d@s alumno@s do profesor Jorge Ferreira Bellón, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬.

DESCRICIÓN DO EVENTO

O xoves 26 de maio, desenvolveuse no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬ a audición didáctica d@s alumn@s de trompeta do profesor Jorge Ferreira Bellón.

Abriu a mais pequena pero cunha ampla mostra de pezas, MªGabriela López. A continuación Lucas Cougil. En terceiro lugar, Adrián Gijón. Alba Velaj en cuarto lugar, e destacando e demostrando que é o de maior idade do grupo, Alex Picón que interpretou dúas complicadas obras. Todos eles estiveron magnificamente acompañados ao piano polo profesor Vicente Castro, con brillantez nos solos e nun estupendo segundo plano cando os alumnos tiñan primacía. Pechou o concerto o ensemble de trompetas, formado polos anteriores alumnos e por Diego López. Noraboa a todos polo esforzo durante o curso e a desfrutar do verán!!!.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *