CONCERTO DIDÁCTICO DE TROMPETA
CONCERTO DIDÁCTICO DE TROMPETA

CONCERTO DIDÁCTICO DE TROMPETA

ANUNCIO DO EVENTO

O xoves 17 de decembro de 2015, concerto didáctico de trompeta a cargo d@s alumno@s do profesor Jorge Ferreira Bellón, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬.

DESCRICIÓN DO EVENTO

O xoves 17 de decembro tivemos no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo unha tarde moi musical. Iniciaron @s alumn@s de trompeta‬ do profesor Jorge Ferreira Bellón interpretando obras de Telemann‬, Hook‬,‪ Gabayé‬ e Dvorzak‬, participaron María Gabriela, Adrián Gijón, Lucas Cougil, Alba Velaj e Alejandro Picón, con acompañamento ao piano do profesor Miguel Valls Martinez. No intermedio a alumna de cello Bárbara Litvik interpretou o Caprice 1 de ‪‎Piatti‬. A continuación o grupo de vento e percusión formado por Antón Castro, Alba Velaj, Amina Calviño, Mario García, Roman Riveira, Maria, Brais Gómez, Martín Cabanas, Antía Oubel e os percusionistas Ángel Otero e Lisa Varela (1º e 2º de grao profesional) interpretaron o bolero de ‪‎Ravel‬, A lista de Schinler e pecharon cunha aplaudida Marcha Radetzky de Strauss‬. Noraboa a todos!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *