CONCERTO DIDÁCTICO DE VIOLÍN
CONCERTO DIDÁCTICO DE VIOLÍN

CONCERTO DIDÁCTICO DE VIOLÍN

ANUNCIO DO EVENTO

O xoves 02 de xuño de 2016, concerto didáctico de violin a cargo d@s alumno@s do profesor Marcos Seoane, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬.

ANUNCIO DO EVENTO

Como remate da tarde do xoves 02 de xuño de 2016, super audición de violín d@s alumn@s do profesor Marcos Seoane, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo.

Este profesor tenos acostumados a macroconcertos, e este non foi dos peores que recordamos!!!. O concerto iniciouse cunha grata sorpresa protagonizada por unha infiltrada: Iosune López de cello que a dúo con Mario Pereira agasalláronnos cunha peza folk. Os 19 alumnos e unha pequena invitada de 5 anos interpretaron con soltura as leccións aprendidas durante o cursos. O programa mesturou aos rapaces por idades deixando como peche ás súas alumnas maiores.

Para os de 1º e 2º de grao elemental creou agrupacións que resultaron vistosas e coordinadas. As obras amosaron un amplo abanico desde os Suzuki dos mais novos ou os concertos de Kuchler, Rieding, pasando polos habituais Fiocco e Seitz dos alumnos de 4º de grao elemental Boccherini, Kreutzer, Bach e Sarasate.

Participaron: A pequena invitada Sabela Rodríguez; de 1º grao elemental Teresa Fernández, Claudia García e Amina Cebreiro, acompañada esta última -estupendamente a pesar dos nervos- polo noso compañeiro da ANPA e o seu pai Jorge Cebreiro; de 2º de elemental Jorge Pereira Eiriz, Laura Bello Calvete e Carolina Infante; de 4º de grao elemental Lucía Sanjurjo, Paula Hermida, Cristina Cortés, Sara Fernández e Jordi Martínez; xa de grao profesional Patricia Mato de 1º; Alicia García e Valeria Martínez de 3º e Sofía Sánches de 6º. Como pianistas acompañantes participaron Vicente Castro e Marcos Seoane ademais de Jorge Cebreiro coa súa filla.

Noraboa a todos polo esforzo e o traballo!!!

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *