CONCERTO DIDÁCTICO DE VIOLÍN
CONCERTO DIDÁCTICO DE VIOLÍN

CONCERTO DIDÁCTICO DE VIOLÍN

ANUNCIO DO EVENTO

O xoves 09 de xuño de 2016, concerto didáctico de violin a cargo d@s alumno@s da profesora Teresa Dieste Vilas, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬.

DESCRICIÓN DO EVENTO

O xoves 09 de xuño de 2016, desenvolveuse o concerto didáctico de violin a cargo d@s alumno@s da profesora Teresa Dieste Vilas, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬. A pesar da ausencia desta profesora nas últimas semanas, os seus alumnos demostraron que foron capaces de seguir estudando sós e ofreceron unha estupenda audición acompañados ao piano por Miguel Valls e Manuel Bode. A organización do concerto correu a cargo do profesor substituto recén incorporado Ricardo Rodríguez, que tivo que afinar violíns, organizar saúdos, entradas e saídas…. Participaron por orde de idade Lucía Gómez cunha peza de Suzuki; Manuel Pardo, con un minueto de Suzuki; Nicolás Riveira cun Concerto de Rieding; Alba Caridad cun concerto Telemann; Alicia Blanco cun concerto de Seitz; Marta González con Allegro de Fiocco; Antonio Iglesias cun concerto de Vivaldi; Manuel Gómez cunha obra de Millies; Raquel Piñeiro con outro concerto de Rieding mais complexo; Nuria Mir e Selva Gijón co Concerto en Sol M de Seitz, e pechou a audición a alumna de maior idade na audición de hoxe, Clara Bode, co concerto en La M de Bach. Todos magníficos e unha ovación grande para os pianistas que acompañaron moi ben. Moitas gracias a todos, seguide traballando que paga a pena!!!!.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *