CONCERTO EN FAMILIA – vintEnsemble
CONCERTO EN FAMILIA – vintEnsemble

CONCERTO EN FAMILIA – vintEnsemble

ANUNCIO DO EVENTO

O domingo 24 de abril de 2016, “concerto en familia” da agrupación vintEnsemble dirixida por José Trigueros, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬.

PROGRAMA:

Interpretarán obras de Manuel Oltra e Johannes Brahms.

DESCRICIÓN DO EVENTO

Os integrantes da agrupación vintEnsemble desenvolveron un estupendo concerto en familia o domingo 24 no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬. Entre o público asistente atopábase a Concelleira de Cultura, Carmen Varela.

A agrupación formada por dous quintetos: un de vento (frauta, clarinete, trompa, fagot e oboe) e outro de corda (seccións de violíns I, violíns II, violas, cellos e contrabaixos) interpretaron baixo a batuta de José Trigueros dúas obras:

  • “Dobre 5 Suite” (Manuel Oltra) que nos seus cinco movementos  alterna tempos descriptivos e de soño, cos intimistas pasando pola profunda elexía e o tempo de festa co que conclúe. Pouco coñecida pero con gran musicalidade e brillantez.
  • Serenata de Johannes Brahms, unha obra de xuventude do autor na que xa despregou parte dos recursos que logo usaría magnificamente no resto das súas obras.

Ante os aplausos do público o vintEnsemble agasallou aos asistentes co “Vals de Masquerade” de Khachaturian.

Realmente estupendos. Moitas gracias e volvede cando queirades!!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *