CONCERTO PARA ACENDIDO DE LUCES DE NADAL
CONCERTO PARA ACENDIDO DE LUCES DE NADAL

CONCERTO PARA ACENDIDO DE LUCES DE NADAL

ANUNCIO DO EVENTO

O venres 17 de novembro de 2017, concerto da Orquestra do Conservatorio de Música de Culleredo formada por alumn@s dos centro, no Hall do Style Outlets de Culleredo, con motivo do acendido das Luces de Nadal.

ANPA_eventweb3_02c

DESCRICIÓN DO EVENTO

O venres 17 de novembro o Coruña The Style Outlets de Culleredo, á busca dunha celebración especial segundo a súa Xerente, Ainhoa de Paz, invitou á Orquestra do CMUS de Culleredo ao acto de Acendido de Luces de Nadal.

Tras a presentación e benvida de Ainhoa, que agradeceu aos alumnos a súa presenza, Marcos Seoane fixo un agradecemento ao Concello de #Culleredo pola súa implicación en materia cultural e a súa aposta polo Conservatorio.

Asistiron ao acto José Ramón Rioboó, Alcalde de Culleredo, e Penélope López, Concelleira de Participación Cidadá e delegada para o Conservatorio.

A Orquestra dirixida por Antonio Suárez, comenzou a súa interpretación cunha delicada peza, Meditación de Thais de Massenet, participando como solista Selva Gijón. A continuación interpretaron dúas Bandas Sonoras, Goldfinger e Memorias de África, do compositor John Barry que entusiasmaron ao numeroso público asistente. Remataron coa panxoliña “Blanca Navidad”, e coa última nota acendéronse as luces de Nadal. Moi bo repertorio e estupendos os nosos músicos favoritos.

Noraboa a todos e esperamos que fagan mais concertos como este!!!.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *