CONCERTO SOLIDARIO ADICADO ÁS PERSOAS CON ENFERMIDADES RARAS E CRÓNICAS
CONCERTO SOLIDARIO ADICADO ÁS PERSOAS CON ENFERMIDADES RARAS E CRÓNICAS

CONCERTO SOLIDARIO ADICADO ÁS PERSOAS CON ENFERMIDADES RARAS E CRÓNICAS

ANUNCIO DO EVENTO

O venres 18 de marzo de 2016, concerto solidario adicado ás persoas con enfermidades raras e crónicas, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬.

DESCRICIÓN DO EVENTO

O venres 18 de marzo DE 2016 desenvolveuse no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬ un concerto moi especial. Nesta ocasión os alumnos e os profesores tiñan como nexo a solidariedade para coas persoas que sufren unha enfermidade rara. Asistiu ao evento, ademais das representantes municipais de Cultura e Benestar Social, Carmen Varela e Guadalupe Pombo, a directora sociosanitaria da asociación Fegerec, Carmen López que agradeceu o acto posto que o slogan da asociación é “Só é raro o que non se coñece”.
As actuacións musicais correron a cargo da agrupación de corda que interpretou Palladio de Karl Jenkins, Iosune López acompañada por Susana Polo cunha obra de Gricheninov, Antón Seijas que ao piano desenvolveu un Preludio de Gershwin, Alex Picón acompañado por Vicente Castro con Concerpiece Op. 12 de Brandt, Daniel Miguélez con Mallorca de Albéniz, Antón Seijas e Iván Pardo con Czardas de Monti. Para rematar as obras instrumentais os profesores Miguel Valls, Paloma Catalá e Pablo Díaz, desenvolveron un magnífico trío de Doppler. Pechou o acto o Coro do Conservatorio Profesional de Musica de Culleredo, actuando como solistas en dúas das cancións Sara González e Sandra Barreiros. Cantaron obras de Elberdin, Leontovich, Kaufmann, Burleigh e Gilpin.
Magnífica tarde e encantados de disfrutar con todos, encantándonos a sorpresa do magnífico trío dos profesores!!!!.
Foi unha gran colaboración para facer visible este problema que atenaza a algunhas persoas do noso entorno.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *