CONCERTO SOLIDARIO FIN DE CURSO 2016
CONCERTO SOLIDARIO FIN DE CURSO 2016

CONCERTO SOLIDARIO FIN DE CURSO 2016

ANUNCIO DO EVENTO

O venres 10 de xuño de 2016, concerto solidario FIN DE CURSO 2016, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬.

A Fila 0 será para á recadación en favor da conta da Cruz Vermella, destinada aos afectados polo terremoto de Ecuador.

No concerto, a ANPA O Burgo do CMUS de Culleredo fará entrega dos premios do I Concurso de interpretación de BSO e tamén os agasallos aos alumn@s de 4º de grao elemental e 6º de grao profesional.

DESCRICIÓN DO EVENTO

O venres 10 de xuño de 2016, desenvolveuse o concerto solidario FIN DE CURSO 2016, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬. Un concerto especial porque tivo un carácter solidario en favor dos damnificados polo tremor de Ecuador. Inaugurouse o acto cunhas palabras da Concelleira de Cultura Carme Varela, tras a presentación do técnico Iosu López. Tamén agradeceron a presencia e solicitaron axuda a representante de Cruz Vermella, unha familiar de afectados, e a Concelleira de Servizos Sociais; por último a Directora do Conservatorio diu a benvida a todos. Ao concerto asistiu o Alcalde Xulio Sacristán. O segundo da especialidade de este concerto e porque se trataba do Concerto Fin de Curso onde poidemos desfrutar dos nosos intérpretes favoritos.

Comezou a actuación coa interpretación dos gañapores do concurso de Bandas Sonoras organizado pola Anpa en abril. En primeiro lugar actuou Manuel Bode que deixou todo o salón iluminado cunha luz azul e encheu o escenario de fume para ofrecer a súa versión ao piano de Frozen. En segundo lugar unhas Piratas do Caribe, Cristina Bernal, Celia Acción e Sandra Barreiro, espléndidas tanto a nivel interpretativo como de caracterización e teatrealización. En último lugar o noso representante mais pequeno, Adrián Gijón, ofreceu a súa versión de Rocky coa súa trompeta.

Continuou a Orquestra Infantil dirixida polo profesor Alberto García, que interpretaron 3 obras a última cun simpático só para triángulo de Román Riveira. A continuación o coro de grao profesional dirixido pola profesora Victoria Álvarez, que coas súas solistas Salomé Varela, Elia Galdo e Luisa López, primeiro e Sandra Barreiro ao final fixeron un bonito percorrido con músicas do mundo con coreografías acordes. A entrega de accesits do concuros, e de premios fin de grao por parte da Anpa encheu o descanso.

A continuación a Orquestra de grao profeional dirixida polo profesor Antonio Suárez, interpretou tres obras: Concerto en La m para violín de Bach, contando como solista con Valeria Martínez, Concerto para clarinete e orquetra de Mozart con Antón Seijas como solista e como peche a Sinfonía Murmurios do Bosque composta polo profesor do Conservatorio Iván Doval, que a arranxou para a formación de Culleredo.

Grandes aplausos para todos porque foi un pracer vervos e as casi dúas horas de duración fixéronse curtas!!!.

Noraboa a todos e Feliz Verán!!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *