CONCERTOS DIDÁCTICOS DE CLARINETE
CONCERTOS DIDÁCTICOS DE CLARINETE

CONCERTOS DIDÁCTICOS DE CLARINETE

ANUNCIO DO EVENTO

O martes 28 e o mércores 29 de xuño de 2016, concertos didácticos de clarinete a cargo d@s alumno@s Irene Martínez Rodríguez e Antón Seijas Vieites, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬.

O martes escoitaremos a Irene e o mércores, xa como peche do curso 2015-2016, escoitaremos a Antón, ambos interpretarán obras de Weber, Poulenc e Miluccio.

DESCRICIÓN DO EVENTO

O martes 28 e o mércores 29 de xuño de 2016, desenvolvéronse as dúas últimas actuacións do curso 2015-2016  a cargo d@s alumno@s Irene Martínez Rodríguez e Antón Seijas Vieites acompañados ao piano polo profesor Miguel Valls, no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬. Ademais Irene e Antón participaron como apoio ao pianista coas partituras.

Ambos alumnos desenvolveron en arredor de 40 min. as complexas obras do seu programa de 5º de grao profesional. O Concerto para clarinete e orquestra de Weber, que nos seus tres movemento pasa da furia do primeiro á calma do segundo, e remata cun aire totalmente festivo e explosivo. A difícil Rapsodia para clarinete de Miluccio, amosou que os alumnos aprenden a dominar técnicas expresivas e de control da respiración. Por último a Sonata para clarinete e piano de Poulenc, no que destacan os pasaxes vertixinosos do seu tercer movemento, en contraste coa delicadeza das melodías do segundo movemento e os inicios con brío do primeiro.

Todo un pracer escoitarvos… Noraboa e desfrutade moito do verán!!!.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *