CONTO MUSICAL “A MEMORIA DAS ÁRBORES”
CONTO MUSICAL “A MEMORIA DAS ÁRBORES”

CONTO MUSICAL “A MEMORIA DAS ÁRBORES”

ANUNCIO DO EVENTO

O xoves 02 de xuño de 2016, representación do conto musical “A memoria das árbores” a cargo d@s alumn@s de iniciación dirixidos por Vicky Álvarez (escenificación), o alumno Antón Seijas (narración) e o profesor Miguel Valls ao piano (interpretación musical), no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬.

DESCRICIÓN DO EVENTO

O xoves 02 de xuño de 2016, desenvolveuse no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio de Música de ‪Culleredo‬,‬ unha actividade moi especial organizada pola ANPA O Burgo: O conto musical “A Memoria das árbores”, que foi posta en escea pol@s alumn@s de iniciación, narrado por Antón Seijas e musicada por Miguel Valls Martinez, que interpretou ao ‪‎piano‬ os “Enfantillages” de Marcial del ‪Adalid‬ de maneira estupenda. A posta en escea foi da profesora de Iniciación Victoria Alvarez Acón.

Os rapaces celebraron a festa da árbore Baobab danzando ao seu redor con aros, cintas, agasallos, e por suposto con apoio de crótalos e claves nalgunhas esceas. Resultou emotivo e maravilloso.

Rematamos con agasallos para todos os participantes!!!.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *