I CONCURSO DE INTERPRETACIÓN DE BANDAS SONORAS
I CONCURSO DE INTERPRETACIÓN DE BANDAS SONORAS

I CONCURSO DE INTERPRETACIÓN DE BANDAS SONORAS

ANUNCIO DO EVENTO

ANPA O Burgo do Conservatorio de música de Culleredo en colaboración có Conservatorio organiza o Primeiro concurso de interpretación de Bandas Sonoras.

O obxecto desta convocatoria é a interpretación dunha banda sonora de cine, televisión e/ou videoxogos, ben individualmente ou en grupo que deberá ser interpretada en audición didáctica aberta ao público os vindeiros 1 e 8 de Abril de 2016. O concurso está aberto a todos os alumnos e alumnas do Conservatorio, do grao elemental e profesional, e ex-alumnos que non teñan rematado o grao superior, que poderán participar individualmente ou en grupo.

DESCRICIÓN DO EVENTO – sesión 01 (1 de Abril)

O venres 1 de abril desenvolveuse a Primeira edición do Concurso de Interpretación de bandas sonoras organizado pola Anpa, na modalidade individual. Os 10 intérpretes brindáronnos todo un percorrido musical por bandas sonoras de películas e videoxogos. Comenzaron os mais novos de grao elemental. Pablo Bao, caracterizado como inspector, interpretou ao clarinete, “La Pantera Rosa de Henry Mancini”; Adrián Gijón Yubero á trompeta, “Rocky de Bill Conti”. Antón Seijas, nunha complexa interpretación piano e voz, “Steven Universe de Rebeca Sugar”; Sandra Barreiro, ao piano perfectamente caracterizada, “Juego de Tronos de Ramin Djawavi”; Sofía Santos ao piano “La lista de Schindler de John Williams”; Alejandra Maneiro, ao piano, entrou moi ben caracterizada e desenvolveu “El Piano de Michael Nyman”; Helena Barreiro, despois de ensinarnos a todos a súa metralleta, cambiouna polo acordeón para interpretar “El Padrino de Nino Rota” Manuel Bode deixounos a oscuras para interpretar “Frozen de Critophe Beck” ao piano; Selva Gijón fixo unha bonita versión ao violín de “La lista de Schindler de John Williams”; e Gloria Uzal pechou a sesión cunha versión ao piano de “El Piano de Michael Nyman”. O xurado formado por Jorge Cebreiro, Susana Polo, Joaquín García, Valentín Caridad e Antón Castro, non o teñen nada fácil!!!!. A venres 8 de abril, ao remate da sesión da modalidade de grupos, coñeceremos aos gañadores deste reñido concurso!!!

DESCRICIÓN DO EVENTO – sesión 02 (8 de Abril)

O venres 8 de abril desenvolveuse a segunda sesión do Concurso de Bandas Sonoras, coa actuación dos grupos. Participaron 5 grupos que entraron no escenario con moitísima imaxinación, caracterizados como os personaxes da película da banda sonora que escolleron. Todo un espectáculo que comenzou co quinteto formado por Iván Pardo (piano), Irene Martínez (clarinete), Andrés Novo (saxo), Laura Dosío (frauta) e Antón Seijas (piano e clarinete), que estupendamente caracterizados interpretaron “Star Wars de John Willians”, partitura arranxada por Iván Pardo e Antón Seijas. Seguíulle o trío formado por Alicia González (violín), Sofía Sánchez (violín) e Arina Coretchi (piano), que desenvolveron a melódica sitonía de “Profesor Leyton de Nishiura, Tomohito & Matsumoto, Ryoki”; o cuarteto formado por Alejandra Maneiro (piano), Nuria Mir (violín), Selva Gijón (violín) e Brais Gómez (clarinete), moi ben caracterizados e maquillados como guerreiros irlandeses e a súa princesa, interpretaron “Braveheart de James Horner”; En cuarto lugar, as tres pianistas, Sandra Barreiro, Celia Acción e Cristina Bernal iniciaron a súa interpretación cunha entrada teatral espléndida, perfectamente carecterizadas e logo colocáronse ao piano, para a 6 mans desenvolver “Piratas del Caribe de Hans Zimmer”; pechou o concurso os nosos dous indios favoritos, Mario Pereira (cello) e Manuel Gómez (violín), que tamén moi ben caracterizados e con sorpresa no cartel de presentación que se proxectou, interpretaron “El Último Mohicano de Trevor Jones”. O xurado retirouse a deliberar, -non foi nada fácil-, e mentras Isabel López, repartiu a todos os concursantes das dúas sesións, os diplomas de participación, para entreter a espera, os concursantes puxéronse a cantar todos xuntos e a interpretar con diversos instrumentos Xogo de Tronos. Foi do mais entretido!!!.

RESULTADOS DO CONCURSO – (8 de Abril)

O portavoz do Xurado, Antón Castro, deu lectura á acta que resultou do seguinte xeito:

Modalidade Individual, Grao Elemental:

  • Gañador: Adrián Gijón Yubero
  • Accesit: Pablo Bao García

Modalidade Individual, Grao Profesional:

  • Gañador: Manuel Bode Gómez
  • Accesits: Alejandra Maneiro Fernández e Sandra Barreiro Cabanas

Modalidade Grupos:

  • Gañador: Sandra Barreiro Cabanas, Celia Acción de La Iglesia e Cristina Bernal Gómez
  • Accesit: Irene Martínez Naya, Laura Dosío, Andrés Novo Valencia, Antón Seijas Vieites e Iván Pardo Silva

Estamos moi orgullosos de todos!!!.

Un traballo estupendo, dúas audicións maravillosas… !!! Noraboa a tod@s!!!!.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *