III CONCURSO DE INTERPRETACIÓN DE BANDAS SONORAS
ANUNCIO DO EVENTO
A ANPA O Burgo do Conservatorio de música de Culleredo en colaboración có Conservatorio organiza o Terceiro concurso de interpretación de Bandas Sonoras.
O obxecto desta convocatoria é a interpretación dunha banda sonora de cine, televisión e/ou videoxogos, ben individualmente ou en grupo que deberá ser interpretada en audición didáctica aberta ao público os vindeiros 13 e 20 de Abril de 2018. O concurso está aberto a todos os alumnos e alumnas do Conservatorio, do grao elemental e profesional, e ex-alumnos que non teñan rematado o grao superior, que poderán participar individualmente ou en grupo.
Deixa unha resposta