OBRADOIRO: LUTERÍA DE EMERXENCIA

OBRADOIRO: LUTERÍA DE EMERXENCIA

ANUNCIO DO OBRADOIRO

A ANPA O Burgo do Conservatorio de Culleredo organiza:

LUTERÍA DE EMERXENCIA: COIDADOS E PRIMEIROS AUXILIOS PARA INSTRUMENTOS DE ARCO.

Rompéuseme unha corda!!
As cerdas do meu arco xa non son brancas!!
As caravillas están moi duras!!
Como debo limpar o meu violín/cello?
E se cae a ponte?

Aprende a solucionar pequenos (e non tan pequenos) problemas no teu instrumento antes de acudir a un lutier profesional.

Un obradoiro práctico en dúas quendas de 45 minutos para alumn@s (e pais/nais) de violín e/ou cello. Estas dúas quendas están planificadas do seguinte xeito:

  • Venres 10 de novembro de 2017 ás 19:00 h
  • Venres 24 de novembro de 2017 ás 19:00 h

Impartidas por Antonio Bode (cellista e pai de alumn@s do CMUS), na aula A6 do Conservatorio profesional de Culleredo.

ENTRADA LIBRE ata completar o aforamento.

NOTA: É recomendable levar o instrumento ás quendas prácticas do obradoiro.

ANPA_eventweb3_01c

DESCRICIÓN DO OBRADOIRO

PRIMEIRA QUENDA – 10/11/2017

O venres 10 de novembro desenvolveuse a primeira das quendas do obradoiro de lutería de emerxencia para instrumentos de arco, organizado pola ANPA do CMUS de Culleredo e ofrecido por Antonio Bode, cellista e pai de alumn@s. A aula A6 encheuse cos asistentes, moitos d@s alumn@s de conxunto de corda e o seu profesor Joaquín, ademais de vari@s nais e pais acompañando a alumn@s mais pequen@s.

Antonio comenzou a súa explicación cunha presentación con curiosidades sobre os instrumentos, as súas partes, os materiais, como calcular a idade da madeira coa que se fabrica, os árbores das que se saca…. Logo chegou a parte práctica onde amosou técnicas para resolver pequenos problemas e como manter os instrumentos como novos. @s alumn@s sacaron os instrumentos da funda para comprobar cales eran as características de cada un.

A seguinte quenda versará sobre o arco e igualmente poderemos observar e practicar como se limpa e se mantén. Aos asistentes resultoulles interesante e incluso fixéronse diversas preguntas. Moitas gracias pola exposición!!!.

Podedes descargar a presentación na seguinte ligazón:

OBRADOIRO LUTERÍA EMERXENCIA – parte 01

SEGUNDA QUENDA – 24/11/2017

O venres 24 desenvolveuse a segunda sesión do obradoiro de lutería para instrumentos de arco. Acudiron un gran número de alumn@s e pais/nais que fixeron que a aula A6 do CMUS de Culleredo, casi se quedase pequena.

Nesta ocasión Antonio Bode, cellista e pai de alumn@s, centrouse no arco describindo as súas partes e os materiais que as compoñen, todo nunha pequena charla de arredor de 15 minutos. A continuación a sesión foi totalmente práctica. Un d@s alumn@s asistentes diulle un arco e procedeu a súa limpeza completa. Auga, xabrón de mans, un secador, un peine e pouco mais serviron para mudar a cor das cerdas dun violín. Explicou trucos para non mollar a madeira e non soltar as cerdas de ningún dos extremos. Para a madeira serviron a trementina e o aceite de améndoas. Unha boa capa de resina ao acabar conseguiron que o arco quedase como novo.

Os asistentes agradeceron os trucos que lles ofreceu e a vicepresidenta da Anpa, Marisa Vazquez, fíxolle un agasallo en nome da Anpa. Moitas gracias!!!.

Podedes descargar a presentación na seguinte ligazón:

OBRADOIRO LUTERÍA EMERXENCIA – parte 02

  • Data : 2017/11/10
  • Artista : Antonio Bode - Cellista e pai de alumn@s do CMUS

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *