OBRADOIRO: MUSICOTERAPIA

OBRADOIRO: MUSICOTERAPIA

ANUNCIO DO OBRADOIRO

O Conservatorio de Culleredo xunto coa ANPA e a asociación ASEM Galicia, organizan un obradoiro teórico-práctico de Musicoterapia o vindeiro venres 16 de Febreiro de 2018 de 16:00 a 20:00 horas no Conservatorio de Culleredo. Obradoiro de balde impartido por Sabela Ramil, terapeuta ocupacional, músico e musicoterapeuta.

Este taller permitiranos descubrir os aspectos máis terapéuticos da música, aplicalos na práctica profesional, potenciar a creatividade e coñecer as saídas profesionais da musicoterapia. O taller vai dirixido a todos aqueles que gozan coa música e queiran descubrir e potenciar os beneficios da música no desenvolvemento persoal. Todos os participantes músicos deberán traer o seu instrumento.

Polo seu carácter práctico, existe un límite de 15 prazas. Terán prioridade os/as alumnos/as do centro dos cursos máis altos e o resto da comunidade educativa.

Recolleranse as inscricións no propio centro ata o día 8 de febreiro. Taller gratuito.

O día 9 de febreiro, chamaráselles por teléfono a todos os que obtivesen praza para confirmala.

Animamos a todos os melómanos a participar e gozar coa música.

Podedes descargar desde a seguinte LIGAZÓN o formulario de inscrición

  • Data : 2018/2/16
  • Artista : Sabela Ramil

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *