OBRADOIRO “SUPERA OS TEUS MEDOS E DISFRUTA DAS ACTUACIÓNS”
OBRADOIRO “SUPERA OS TEUS MEDOS E DISFRUTA DAS ACTUACIÓNS”

OBRADOIRO “SUPERA OS TEUS MEDOS E DISFRUTA DAS ACTUACIÓNS”

O vindeiro Sábado 11 de xaneiro de 2020, ao longo da mañá (de 10:00 h a 14:00 horas) , terá lugar un OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DA ANSIEDADE ESCÉNICA, dirixido a estudantes de TODOS OS CURSOS E TODAS AS IDADES e impartido por Chus Vega.

Chus Vega, é Profesor de Saxo e Psicólogo. Combina a súa formación en Psicoloxía coa experiencia activa en distintas agrupacións musicais durante os últimos 20 anos participando en gravacións e concertos en directo. Axuda aos músicos a superar a Ansiedade Escénica xerada ao mostrar os seus traballos ante o público. A súa misión é lograr que os artistas disfuten do escenario e conségueo mediante obradoiros, seminarios e sesións personalizadas.

O prezo do mesmo é de 15 € para estudantes de familias socias da ANPA e 30 € para o resto de interesados.

Descarga aquí o DÍPTICO INFORMATIVO para o obradoiro.

Para inscribirvos tedes que enviarnos un correo electrónico a anpaoburgo@gmail.com e facer o ingreso na conta da ANPA.

  • Data : 2020/1/11
  • Artista : Chus Vega - Psicólogo en profe de Saxo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *